Vídeos para challenge
Suscríbete na nosa canle de Youtube
Bases legais da participación no concurso de Instagram #CeibaRimasChallenge2021
1. ENTIDADE ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN
Asociación Merenda Creativa con domicilio en Rúa Ramón Cabanillas, 6, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) e CIF G42820167, organiza un concurso de ámbito galego, a desenvolver a través de Internet, excusivo para usuarixs residentes en Galiza.
2. DATA DE INICIO E FINALIZACIÓN
O concurso iniciarase ás 10.00h do 16 de febreiro de 2021 e finalizará ás 23.59h do domingo 21 de marzo de 2021.
3. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DO CONCURSO
Subiranse á canle de YouTube de CeibaRimas (https://www.youtube.com/channel/UCHXmOC2jC4rqbN5hYpt_PtA) varios vídeos de adestramento de freestyle. As persoas participantes deberán escoller un deses vídeos e gravarse improvisando en galego co vídeo escollido coma base, utilizando as palabras que se propoñen no mesmo. Deberán, polo tanto, reproducir o vídeo de adestramento desde un dispositivo e gravarse con outro. O vídeo deberá contar cunha duración mínima dun minuto e deberá ser subido ao perfil de Instagram da persoa participante, etiquetando na publicación a @CeibaRimas e incluíndo o hashtag #CeibaRimasChallenge2021.
Ademais, as persoas participantes deberán:
– Subscribirse á canle de YouTube de CeibaRimas.
– Seguir as contas de Instagram de CeibaRimas e Cultura Urbana.
– Mencionar na publicación do seu vídeo a 3 amigxs para retalxs a realizar o challenge.
A organización de CeibaRimas, republicará todos os vídeos no seu perfil, onde deberán ser votados por calquera persoa que conte cunha conta de Instagram mediante “gústames”. Só terán validez os “gústames” indicados nas publicacións do perfil de @CeibaRimas.
4. CONDICIÓNS DO CONCURSO E PREMIOS
Haberá 2 gañadorxs, que se corresponderán coas 2 publicacións que conten con máis “gústames” no perfil de Instagram de @CeibaRimas e que cumplan con todos os requisitos mencionados no punto 3.
Xs gañadorxs recibirán dun lote de produtos do noso patrocinador Cultura Urbana.
Xs gañadorxs anunciaranse no perfil de Instagram de @CeibaRimas nun prazo máximo dunha semana desde a finalización do prazo de participación no concurso.
5. DESCALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS
Ante evidencias de incumprimento dos requisitos esixidos por calquera dxs participantes, ou a invalidez de datos á hora de participar, procederase á anulación da participación dx mesmx e do dereito sobre calquera premio derivado deste concurso.
6. PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS
Non se permitirán comentarios ou opinións con contidos inadecuados, ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios. Tampouco se permitirán comentarios en contra dunhx particular que vulneren os principios de dereito á honra, intimidade persoal ou familiar e á propia imaxe.
A organización non se responsabilizará dos danos ocasionados polos comentarios que xs participantes fagan.
7. EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
A título enunciativo, pero non limitativo, a organización non se responsabiliza das posibles perdas, roubos, retrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento do presente concurso, así como tampouco se responsabiliza do uso que xs participantes fagan do premio obtido. Non se asumen responsabilidades en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización do concurso ou o desfrute do premio.
8. CAMBIOS
A organización resérvase o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou dane os dereitos dxs participantes neste concurso.
9. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese formularse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.
10. REDE SOCIAL
Instagram non patrocina, avala, nin administra esta promoción, nin está asociado a ela. X usuarix desvincúlase totalmente de Instagram e é consciente de que está proporcionando a súa información á Asociación Merenda Creativa e non a Instagram. A información que proporciona utilizarase para xestionar a participación no concurso, comunicarlle o premio e para xestionar o envío do premio.
11. NOTIFICACIÓN XS GAÑADORXS
Mediante a aceptación destas bases, xs participantes dan o seu consentimiento para que MERENDA CREATIVA publique o seu nome (ou identidade de Instagram) en Instagram.
12. CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE E/OU PROPIEDADE INTELECTUAL DX GAÑADORX
X ganadorx acepta que o seu nome de usuarix e foto de perfil público de Instagram se publique en perfís e outros sitios web da organización para comunicar x gañadorx da promoción.
O equipo de MERENDA CREATIVA porase en contacto cx gañadorx nun período non superior a 10 días hábiles a través da dirección de correo electrónico facilitada, aos efectos de notificar formalmente a consecución do Premio e acordar a data de satisfacción do mesmo. Neste sentido, MERENDA CREATIVA resérvase o dereito a solicitar x gañadorx que lle proporcione todos os datos persoais que sexan razonablemente necesarios para realizar a satisfacción do premio. A negativa por parte dx gañadorx a proporcionar estes datos persoais, se isto imposibilita de forma obxectiva a posta a disposición dx gañadorx do premio outorgado, implicará a perda do dereito ao premio por parte dx gañadorx.
13. TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
A información facilitada polxs participantes será incluída nun ficheiro titularidade de MERENDA CREATIVA. Esta información será tratada de acordo coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
Os datos persoais relacionados con esta promoción trataranse baixo a responsabilidade de MERENDA CREATIVA de conformidade co Regulamento (CE) n.º 2018/1725 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais polas institucións, órganos e organismos da Unión e á libre circulación destes datos.
A finalidade do tratamento dos datos persoais é a xestión da promoción proposta nas presentes bases, a entrega e aceptación do premio por parte dxs participantes gañadorxs e a entrega do premio.