Ceiba Rimas
  • Inicio
  • Quen Somos?
  • Final 2026
  • COMPETICIÓNS
  • FORMACIÓNS
  • EXHIBICIÓNS
  • Contacto
  • Menú Menú
  • Competicións

Desde CeibaRimas organizamos distintas competicións de rap improvisado en todo o territorio galego ao longo do ano. Dentro destas destaca a competición anual que coroa ao rei ou raíña desta disciplina. Aberta a todo o público de xeito gratuíto, as persoas participantes deben enfrontarse en batallas nas que teñen que desenvolver diferentes xogos de improvisación. Esta competición realízase nun único día, nomeando ao final do evento á persoa gañadora do CeibaRimas dese ano e entregando premios aos 4 primeiros postos. Ademais das batallas, varios grupos de renome da escena urbana galega animan o ambiente coas súas actuacións, completando deste xeito unha xornada de festa e emocións relacionadas coa cultura hip hop galega.

A primeira edición do CeibaRimas, no 2020, desenvolveuse a través dun evento por streaming de máis de 2 horas, soportado por un equipo profesional de realización en directo. Desde as súas casas, xs clasificadxs enfrontáronse en batallas eliminatorias (tendo de xurado a Sara Marchena, Xenderal e Frank Huxley), das cales saíu como gañador e freestyler Jallejo.

A segunda edición, realizada en 2022, foi levada adiante por fin de xeito presencial en Compostela, con grande éxito de participación e na que o xurado composto por Nervo, Alba María e Wöyza dictaminou que o gañador da mesma fora o rapeiro Big Meu.  Contamos coas actuacións musicais de Xmaseda, Ánima e C Mirazo, no que foi a primeira gran festa do freestyle en galego.

O 2023 supuxo a consolidación do proxecto, realizando numerosos obradoiros por toda Galiza, gañando o premio Mil Primaveras e figurando nos libros de texto de 1° de ESO como exemplo de iniciativa normalizadora. O CeibaRimas 2023 realizouse en Compostela e contou con máis de 20 participantes, coroándose como campión por segundo ano consecutivo Big Meu. Neste caso, o xurado estaba composto por Nervo, High Paw, Álvaro Alvite, Marina de Bratzantifa e María Lado. Nesta edición ampliamos os concertos (Bratzantifa e Willow GHZ) co espazo de artistas emerxentes, na que novos talentos da música urbana en galego amosaron os seus traballos (Lidia LChao, Verter Gz, Aprendiz e Atrapgz).

No 2024 realizamos dous eventos clasificatorios. Na provincia de Pontevedra o campión foi Milito, mentres que na Coruña foi O Netinho da Aurora, ambos clasificando para a rolda de oitavos do evento final. En canto á gran final, disputouse na Praza da Pedreira en Pontevedra, batendo récord de participantes, contando con participación feminina por primeira vez nas batallas e dando como vencedor a Festra, o primeiro rapeiro da provincia de Lugo en facerse co título. O xurado estivo composto por MØU, High Paw, ST, Branca Trigo e C Mirazo. En canto ás actuacións musicais repetimos, dado o éxito na edición anterior, o espazo de artistas emerxentes, contando desta volta con Verdini, Mestre, Galego de Caracas, Puto Rumeinian e Carola. Tamén gozamos cos concertos de Kid Mount e Flow do Toxo.

No 2025 tamén levamos adiante tres eventos clasificatorios. En Ponteareas o vencedor foi Vila-C, que volveu facerse co primeiro posto en Rianxo, no festival Rock in Rian. En canto ao evento clasificatorio celebrado en Verín, no Extruga na Rúa, o campión foi XianPais. Ambos rapeiros conseguiron unha praza en oitavos de final do gran evento anual, celebrado de novo na cidade de Pontevedra con récord de público asistente. Este evento foi retransmitido na plataforma AGalega, rompendo barreiras e chegando a un público mais amplo. Os concertos dxs artistas emerxentes correron a cargo de Os Fortes, Area Rosae, Pappaquino e Queen Rendi, ademais das actuacións de Nadie González e Hugo Guezeta. O xurado estivo formado por High Paw, Frank Huxley, Alba María, Nadie González e Hugo Guezeta. O improvisador Big Meu volveu coroarse campión por terceira vez, nunha final histórica contra O Netinho da Aurora, no evento con máis nivel ata a data.

Imos polo CeibaRimas 2026! Vémonos o 3 de outubro en Rianxo!

EDICIÓNS ANTERIORES

Síguenos nas nosas RRSS

© Copyright - Ceiba Rimas | Todos os dereitos reservados. Feito por @braismoares.
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
Desplazarse hacia arriba
Utilizamos cookies para poder ofrecer os nosos servizos. Se fas clic en ACEPTAR, consideramos que permites o seu uso. Ten información sobre que cookies estamos utilizando ou de como desactivalas na POLÍTICA DE COOKIES ACEPTAR