Xa está aberto o prazo para inscribirte no concurso de Beats de CeibaRimas!

Xa podes participar no concurso de beats que estamos organizando.

Para participar, completa os seguintes pasos.

  1. Crea o teu beat
  2. Súbeo o wetransfer (https://wetransfer.com) e colle a URL para compartilo con nós
  3. Cubre o seguinte formulario e pon a URL o Beat.

Clica para ver as bases aquí

Bases legais da participación no concurso de beats CeibaRimas

  1. ENTIDADE ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN

Asociación Merenda Creativa con domicilio en Rúa Ramón Cabanillas, 6, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) e CIF G42820167, organiza o concurso de ámbito galego, a desenvolver a través de Internet, excusivo para usuarixs residentes en Galiza.

  1. DATA DE INICIO E FINALIZACIÓN

O concurso iniciarase ás 09.00h do 26 de xullo de 2021 e finalizará ás 23.59h do 10 de setembro de 2021.

  1. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DO CONCURSO

Subirase á conta de Instagram de CeibaRimas unha publicación anunciando o inicio do concurso. As persoas que desexen participar deberán compoñer unha base musical de freestyle cunha duración de 1 ou 2 minutos. Na páxina web de CeibaRimas (www.ceibarimas.gal) habilitarase un formulario que as persoas participantes deberán encher cos seus datos. No apartado correspondente, poderán subir a súa base en formato .mp3 ou .wav. Así mesmo, deberán aceptar as bases, política de privacidade e declarar que contan con todos os dereitos de dita base musica.

Ademais, as persoas participantes deberán:

– Seguir a conta de Instagram de CeibaRimas.

– Darlle a gústame á publicación de Instagram na que se anuncia o concurso.

  1. CONDICIÓNS DO CONCURSO E PREMIOS

Un xurado composto por persoas expertas no mundo da produción musical e do freestyle, escollerá 2 gañadorxs.

X gañadorx do primeiro premio recibirá un 150€ e x gañadorx do segundo premio recibirá 75€.

Xs gañadorxs anunciaranse no perfil de Instagram de @CeibaRimas nun prazo máximo dun mes desde a finalización do prazo de participación no concurso.

Ao presentarse a este concurso, xs participantes aceptan a cesión dos dereitos de explotación e distribución das súas bases musicais á Asociación Merenda Creativa no caso de resultar gañadorxs, para que poidan utilizalas libremente.

O concurso está dirixido á comunidade galega, dentro ou fora do territorio galego.

  1. DESCALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS

Ante evidencias de incumprimento dos requisitos esixidos por calquera dxs participantes, ou a invalidez de datos á hora de participar, procederase á anulación da participación dx mesmx e do dereito sobre calquera premio derivado deste concurso.

  1. PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

Non se permitirán comentarios ou opinións con contidos inadecuados, ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios. Tampouco se permitirán comentarios en contra dunhx particular que vulneren os principios de dereito á honra, intimidade persoal ou familiar e á propia imaxe.

A organización non se responsabilizará dos danos ocasionados polos comentarios que xs participantes fagan.

  1. EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non limitativo, a organización non se responsabiliza das posibles perdas, roubos, retrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento do presente concurso, así como tampouco se responsabiliza do uso que xs participantes fagan do premio obtido. Non se asumen responsabilidades en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización do concurso ou o desfrute do premio.

  1. CAMBIOS

A organización resérvase o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou dane os dereitos dxs participantes neste concurso.

  1. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese formularse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.

  1. REDE SOCIAL

Instagram non patrocina, avala, nin administra esta promoción, nin está asociado a ela. X usuarix desvincúlase totalmente de Instagram e é consciente de que está proporcionando a súa información á Asociación Merenda Creativa e non a Instagram. A información que proporciona utilizarase para xestionar a participación no concurso, comunicarlle o premio e para xestionar o envío do premio.

  1. NOTIFICACIÓN XS GAÑADORXS

Mediante a aceptación destas bases, xs participantes dan o seu consentimiento para que MERENDA CREATIVA publique o seu nome (ou identidade de Instagram) en Instagram.

  1. CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE E/OU PROPIEDADE INTELECTUAL DX GAÑADORX

X ganadorx acepta que o seu nome de usuarix e foto de perfil público de Instagram se publique en perfís e outros sitios web da organización para comunicar x gañadorx da promoción.

O equipo de MERENDA CREATIVA porase en contacto cx gañadorx nun período non superior a 10 días hábiles a través da dirección de correo electrónico facilitada, aos efectos de notificar formalmente a consecución do Premio e acordar a data de satisfacción do mesmo. Neste sentido, MERENDA CREATIVA resérvase o dereito a solicitar x gañadorx que lle proporcione todos os datos persoais que sexan razonablemente necesarios para realizar a satisfacción do premio. A negativa por parte dx gañadorx a proporcionar estes datos persoais, se isto imposibilita de forma obxectiva a posta a disposición dx gañadorx do premio outorgado, implicará a perda do dereito ao premio por parte dx gañadorx.

  1. TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A información facilitada polxs participantes será incluída nun ficheiro titularidade de MERENDA CREATIVA. Esta información será tratada de acordo coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

Os datos persoais relacionados con esta promoción trataranse baixo a responsabilidade de MERENDA CREATIVA de conformidade co Regulamento (CE) n.º 2018/1725 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais polas institucións, órganos e organismos da Unión e á libre circulación destes datos.

A finalidade do tratamento dos datos persoais é a xestión da promoción proposta nas presentes bases, a entrega e aceptación do premio por parte dxs participantes gañadorxs e a entrega do premio.