CONSENTIMENTO EXPLÍCITO TRATAMENTO DATOS PERSOAIS E PUBLICACIÓN IMAXES ACTIVIDADES

GRUPO CEIBARIMAS é a Responsable do tratamento dos datos persoais do Interesado e infórmalle que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril (GDPR) e a Lei Orgánica 3/2018 de 5 de decembro (LOPDGDD), polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento:

Fins do tratamento: Por interese lexítimo do responsable: facer uso do material fotográfico e audiovisual das actividades que se leven a cabo por parte de Grupo CeibaRimas durante calquera das actividades realizadas dentro do proxecto CeibaRimas.

Criterios de conservación dos datos: conservaranse durante non máis tempo do necesario para manter a fin do tratamento e cando xa non sexa necesario para tal fin, suprimiranse con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos.

Comunicación dos datos: O Interesado autoriza o tratamento sinalado marcando a cela correspondente no formulario de inscrición da páxina web www.ceibarimas.gal para as seguintes categorías de destinatarios:

  • Publicación en medios de comunicación do Responsable: blogs, web, redes sociais, etc.
  • Publicación nos medios de comunicación externos do Responsable: periódicos, revistas, webs, redes sociais, etc.
  • Material gráfico impreso: folletos, manuais, calendarios, trípticos, etc.
  • Nas actividades internas do Responsable: memorias, proxectos, catálogos, presentación de reunións internas, etc.

Dereitos que asisten ao Interesado:

  • Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
  • Dereito de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao seu tratamento.
  • Dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de control (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

Datos de contacto para exercer os seus dereitos:

MARGARIDA RODRÍGUEZ TILVE. Rúa Ramón Cabanillas, 6, 2oB, 15984 – Santiago de Compostela (A Coruña)

Para realizar o tratamento de datos descrito, x Responsable do tratamento necesita o seu consentimento explícito ou o dx seu representante legal.