En CeibaRimas tamén realizamos exhibicións de rap improvisado en galego en centros de ensino, festivais, centros sociais e, en xeral, nos distintos concellos de Galiza. Nestas exhibicións varixs freestylers que participan durante o ano nas competicións, mostran o seu talento de xeito non competitivo. Estas exhibicións están pensadas para descubrirlle á xente o freestyle en galego e contan con moita participación do público (á hora de propoñer temáticas sobre as que rimar, pero tamén subíndose directamente ao escenario para probar a improvisar en galego). Un éxito rotundo entre a cativada e o público máis adulto, que goza da mellor improvisación rapeada na nosa lingua, mentres descobre esta disciplina.



