Inscrición FINAL CeibaRimas 2026

BASES FINAL CEIBARIMAS 2026

  1. OBXECTIVOS

A Final CeibaRimas ten como obxectivo o fomento do uso do galego dentro da disciplina do rap improvisado e a creación dunha escena galega de freestyle.

  1. PERSOAS DESTINATARIAS

Poden inscribirse na Final CeibaRimas todas as persoas maiores de 12 anos que teñan dispoñibilidade para participar no evento que se realizará de xeito presencial o sábado 3 de outubro de 2026 na vila de Rianxo. No caso de que a persoa participante sexa menor de idade, esta inscrición irá acompañada da autorización do/a pai/nai ou titor/a legal mediante o documento que se facilitará por correo electrónico.

Todas as persoas participantes deberán autorizar a cesión de dereitos da súa imaxe para poder participar na competición, a través do formulario que se achegará a través da organización.

  1. FUNCIONAMENTO DA FINAL CEIBARIMAS

O evento, que se celebrará o sábado 3 de outubro en Rianxo, está composto por dúas fases diferenciadas:

CLASIFICATORIA

O día do evento, e sempre que o número de persoas inscritas sexa maior a 16, realizarase unha clasificatoria previa para seleccionar ás 16 persoas que se enfrontarán na primeira fase (oitavos).

As persoas que participen na clasificatoria enfrontaranse nunha proba chamada “Crack da pista”, que seguirá a seguinte dinámica:

  • Cada persoa recibirá dous números de xeito aleatorio, que serán os seus números para a primeira e segunda rolda da proba.
  • A persoa co número 1 enfrontarase coa que teña o número 2.
  • Cada batalla consistirá nun 4×4, no que cada participante rapeará en total 2 patróns intercalados.
  • O xurado, ao rematar cada batalla de 4 patróns, votará instantáneamente x gañadorx da mesma, enfrontándose esta á persoa co seguinte número e así consecutivamente. Cada batalla gañada, suma 1 punto á persoa gañadora. Non pode haber réplica.
  • Se unha persoa gaña 4 batallas consecutivas, pasará automaticamente á seguinte fase, oitavos.
  • Unha vez rematada toda a volta, farase unha segunda rolda coas persoas non clasificadas.
  • Se ao final da segunda volta, lle segue correspondendo rapear á última persoa participante para ter a oportunidade de gañar 4 batallas seguidas, esta enfrontarase ás primeiras persoas clasificadas directas desta fase.
  • Se ao rematar esta segunda volta non se conta aínda con 13 clasificadxs directxs, sumaranse os puntos acumulados nas batallas e pasarán as persoas que falten para chegar a 13 con maior puntuación, xa que haberá 3 postos reservados para a decisión directa do xurado. Se se dá un empate de puntos, o xurado decidirá que persoa pasa e cal non.

Polo tanto, pasarán a oitavos as persoas con clasificación directa por gañar 4 batallas consecutivas, as persoas con máis puntos acumulados (desempatando o xurado se fose necesario) e 3 persoas de decisión directa do xurado.

OITAVOS

As 16 persoas clasificadas na fase anterior, pasarán a competir na fase de oitavos. No caso de nas inscricións haber xusto 16 persoas apuntadas, pasariamos directamente a esta fase.

Estas 16 persoas emparellaranse escollendo elas mesmas a contrincante na orde na que se clasificaron (primeiro clasificadxs directxs, segundo clasificadxs por puntos e terceiro clasificadxs por xurado).

Estas parellas enfrontaranse en diferentes probas de rap improvisado con diversos estímulos. Despois de cada batalla, o xurado decidirá cal das 2 persoas gaña, pasando esta á fase de cuartos. Nesta fase, o xurado poderá votar tanto por unha persoa, como pola outra, coma empate. No caso de haber empate, realizarase unha réplica, é dicir, unha nova rolda de desempate, que consistirá nun minuto de improvisación libre con entradas intercaladas cada patrón. Tras esta, o xurado volverá votar. Poderá haber un máximo dunha réplica, estando obrigadxs tras esta a decidirse entre algunhx dxs participantes.

CUARTOS

As 8 persoas clasificadas na fase anterior, pasarán a competir na fase de cuartos.

Por parellas segundo a táboa de cruces enfrontaranse en diferentes probas de rap improvisado con diversos estímulos.

Na fase de cuartos, o xurado poderá votar tanto por unha persoa, como pola outra, coma empate. No caso de haber empate, realizarase unha réplica, é dicir, unha nova rolda de desempate, que consistirá nun minuto de improvisación libre con entradas intercaladas cada patrón. Tras esta o xurado volverá votar. Poderá haber un máximo dunha réplica, estando obrigadxs tras esta a decidirse entre algunhx dxs participantes.

SEMIFINAIS

As 4 persoas clasificadas na fase anterior, pasarán a competir na fase de semifinais.

Por parellas segundo a táboa de cruces enfrontaranse en diferentes probas de rap improvisado con diversos estímulos.

Na fase de semifinais, o xurado poderá votar tanto por unha persoa, como pola outra, coma empate. No caso de haber empate, realizarase unha réplica, é dicir, unha nova rolda de desempate, que consistirá nun minuto de improvisación libre con entradas intercaladas cada patrón. Tras esta o xurado volverá votar. Poderá haber un máximo dunha réplica, estando obrigadxs tras esta a decidirse entre algunhx dxs participantes.

FINAL

As 2 persoas clasificadas nas semifinais, pasarán a competir na final.

Estas enfrontaranse en diferentes probas de rap improvisado con diversos estímulos.

O xurado valorará quen das dúas persoas gaña ou se debe haber réplica, en cuxo caso haberá un novo enfrontamento. Consistirá nun minuto de improvisación libre con entradas intercaladas cada patrón. Poderá haber un máximo dunha réplica, estando obrigadxs tras esta a decidirse entre algunhx dxs participantes.

Todas as probas da Final CeibaRimas deben realizarse en galego.

  1. INSCRICIÓN E PRAZOS

O evento Final CeibaRimas terá lugar o sábado 3 de outubro de 2026 en Rianxo.

Abrirase un formulario de inscrición online a través da páxina web www.ceibarimas.gal, no cal calquera persoa que cumpra os requisitos indicados no apartado 2 poderá inscribirse. Este formulario estará aberto ata 1 hora antes de que comece o evento.

Se algunha persoa quere inscribirse despois do peche do formulario, poderá facelo in situ no propio evento, antes do comezo dos sorteos da clasificatoria.

A participación é aberta e de balde.

  1. PREMIOS 

Na final establécense 4 premios por un total de 800€ en metálico, trofeos e lotes de produtos:

1º premio: 500€ + lote de marcas galegas

2º premio: 200€ + lote de marcas galegas

3° premio: haberá 2 terceiros premios para xs 2 persoas que perdan en semifinais, compostos por 50€ + lote de marcas galegas

Aos premios en metálico aplicaránselles as retencións correspondentes.

  1. DECISIÓN DO XURADO

O xurado con voz e voto estará composto por cinco persoas relacionadas co mundo do rap improvisado, a cultura urbana, a improvisación oral, a música e a lingua.

É obrigatorio o uso do galego durante todas as probas da competición.

O xurado valorará os seguintes criterios:

  • Capacidade dxs participantes para rimar as palabras en todos os compases.
  • Capacidade dxs participantes de rebater os argumentos dx rival.
  • Coherencia do contido. Ausencia de frases de recheo.
  • Habilidade á hora de xogar coas palabras e empregar figuras literarias.
  • Variacións nos ritmos empregados para rapear.
  • Dominio do espazo escénico e posta en escena.
  • Calidade e adecuación lingüística.
  • Ausencia de mostras de intolerancia.
  • Conexión co público.

A decisión do xurado será inapelable.

Calquera mostra de violencia durante o evento suporá a descalificación directa dx participante.

Vídeo Final 2025