Ceiba Rimas
  • Inicio
  • Quen Somos?
  • Final 2026
  • COMPETICIÓNS
  • FORMACIÓNS
  • EXHIBICIÓNS
  • Contacto
  • Menú Menú
  • FORMACIÓNS

Un dos piares de CeibaRimas é a formación en rap improvisado en galego, orientada sobre todo á mocidade, que realizamos a través dos nosos obradoiros. O noso obxectivo é crear espazos seguros nos que a xente sinta a liberdade de poder expresarse en galego a través do freestyle. Desde que o proxecto botou a andar son máis de 150 formacións as que impartimos por distintos espazos. Traballamos principalmente con institucións e colectivos que queren organizar actividades de improvisación en galego. Nestes obradoiros xs participantes coñecerán as ferramentas básicas para desenvolverse no mundo do freestyle da man de Nervo, o cantante principal do grupo Rebeliom do Inframundo.

Deste xeito, e xunto cos vídeos de adestramento online, ofrecemos ferramentas ás persoas participantes para mellorar o seu nivel de improvisación e así poder presentarse aos nosos eventos competitivos de rap en galego.

Estes obradoiros son adaptables a todas a idades, duracións e tipos de grupo, adecuando os contidos ás necesidades de cada formación.

Vídeos de adestramento

Ver máis vídeos

Síguenos nas nosas RRSS

© Copyright - Ceiba Rimas | Todos os dereitos reservados. Feito por @braismoares.
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
Desplazarse hacia arriba
Utilizamos cookies para poder ofrecer os nosos servizos. Se fas clic en ACEPTAR, consideramos que permites o seu uso. Ten información sobre que cookies estamos utilizando ou de como desactivalas na POLÍTICA DE COOKIES ACEPTAR