Vídeo Promocional
BASES DA LIGA CEIBARIMAS 2023
1. OBXECTIVOS
A Liga CeibaRimas ten como obxectivo o fomento do uso do galego dentro da disciplina do rap improvisado e a creación dunha escena galega de freestyle.
2. PERSOAS DESTINATARIAS
Poden inscribirse na Liga CeibaRimas todas as persoas maiores de 12 anos que teñan dispoñibilidade para participar no evento que se realizará de xeito presencial o sábado 7 de outubro de 2023. No caso de que a persoa participante sexa menor de idade, esta inscrición irá acompañada da autorización do/a pai/nai ou titor/a legal mediante o documento que se facilitará por correo electrónico.
3. FUNCIONAMENTO DA LIGA CEIBARIMAS
Esta Liga está composta por dúas fases diferenciadas:
CLASIFICATORIA
O día do evento, e sempre que o número de persoas inscritas sexa maior a 16, realizarase unha clasificatoria previa para seleccionar ás 16 persoas que se enfrontarán na primeira fase ou fase de oitavos. Nesta fase poderán participar un máximo de 30 persoas. No caso de contar cun número superior de inscricións, farase unha selección previa ao día do evento mediante o envío dun vídeo no que deberán realizar unha proba de freestyle.
As persoas que participen na clasificatoria enfrontaranse nunha proba chamada “Crack da pista”, que seguirá a seguinte dinámica:
Cada persoa recibirá un número de xeito aleatorio, que será o seu número durante toda a proba.
Todas as persoas formarán unha fila seguindo a orde dos seus números.
A persoa co número 1, colocarase de xeito enfrontado ao resto da fila, sendo a primeira batalla entre o número 1 e o número 2.
Cada batalla consistirá nun 4×4, no que cada participante rapeará en total 2 patróns intercalados.
O xurado, ao rematar cada batalla de 4 patróns, votará instantáneamente x gañadorx da mesma, manténdose estx na posición que ocupaba a persoa co número 1 e apartándose da fila a persoa perdedora. Cada batalla gañada, suma 1 punto á persoa gañadora. Non pode haber réplica.
Se unha persoa gaña 3 batallas consecutivas, pasará automaticamente á seguinte fase, oitavos.
Unha vez rematada toda a fila, volverase formar, pero de xeito inverso, sendo a primeira batalla entre os dous números máis altos aínda non clasificados.
Se ao rematar esta fila de volta non se conta aínda con 16 clasificadxs directxs, sumaranse os puntos acumulados nas batallas e pasarán as persoas que falten para chegar a 13 con maior puntuación, xa que haberá 3 postos reservados para a decisión directa do xurado. Se se dá un empate de puntos, o xurado decidirá que persoa pasa e cal non.
Polo tanto, pasarán a oitavos as persoas con clasificación directa por gañar 3 batallas consecutivas, as persoas con máis puntos acumulados e 3 persoas de decisión directa do xurado.
No caso de haber 16 ou menos persoas inscritas, non habería fase clasificatoria.
OITAVOS
As 16 persoas clasificadas na fase anterior, pasarán a competir na fase de oitavos. No caso de nas inscricións haber xusto 16 persoas apuntadas, pasariamos directamente a esta fase.
No caso de ser as inscricións de entre 9 e 15 persoas (ambas incluídas), realizaríase unha clasificatoria coa proba “Crack da pista”, da mesma maneira que o explicado na fase clasificatoria.
No caso de ser 16 persoas, ben porque se inscribiron xustamente 16 ou ben porque se seleccionaron da fase clasificatoria, estas emparellaranse apuntándose elas mesmas no lugar que prefiran da táboa de cruces seguindo a orde na que se clasificaron (primeiro clasificadxs directxs, segundo clasificadxs por puntos e terceiro clasificadxs por xurado).
As probas que se realizarán nesta fase son as seguintes:
Minuto con temática común a todas as batallas: Un minuto de improvisación libre para cada participante (1’ x 2 participantes).
8×8 con termos contrapostos: Un minuto total de improvisación no que cada participante rapeará apoiándose nun termo oposto ao dx contrincante, con entradas intercaladas cada 2 patróns (2’ totais).
No caso de ser 16 persoas as que compiten, despois de cada batalla, o xurado decidirá cal das 2 persoas gaña, pasando esta á fase de cuartos. Na fase de oitavos non hai posibilidade de réplica, tendo que decidir todo o xurado entre unha persoa ou outra.
CUARTOS
As 8 persoas clasificadas na fase anterior, pasarán a competir na fase de cuartos.
As probas que se realizarán nesta fase son as seguintes:
4×4 con temáticas: Un minuto total de improvisación no que cada participante rapeará sobre unha temática dada e respondendo x contrincante, con entradas intercaladas cada patrón (2’ totais).
Minuto libre: Un minuto de improvisación libre para cada participante (1’ x 2 participantes).
Na fase de cuartos, o xurado poderá votar tanto por unha persoa, como pola outra, coma empate. No caso de haber empate, realizarase unha réplica, é dicir, unha nova rolda de desempate, que consistirá nun minuto de improvisación libre con entradas intercaladas cada patrón. Tras esta o xurado volverá a votar. Poderá haber un máximo dunha réplica, estando obrigadxs tras esta a decidirse entre algunhx dxs participantes.
SEMIFINAIS
As 4 persoas clasificadas na fase anterior, pasarán a competir na fase de semifinais.
As probas que se realizarán nesta fase son as seguintes:
A capela con obxectos: 5 entradas intercaladas a capela (sen base musical) rapeando sobre unha serie de obxectos dados.
Responde á pregunta: Un minuto total de improvisación respondendo ás preguntas dx contrincante. Con entradas intercaladas cada 30 segundos, unhx dxs participantes fará unha pregunta no primeiro verso do patrón e x contrincante responderá nos outros 3 (1’ x 2 participantes).
4×4 libre: Un minuto total de improvisación no que cada participante rapeará libremente respondendo x contrincante, con entradas intercaladas cada patrón (2’ totais).
Na fase de semifinais, o xurado poderá votar tanto por unha persoa, como pola outra, coma empate. No caso de haber empate, realizarase unha réplica, é dicir, unha nova rolda de desempate, que consistirá nun minuto de improvisación libre con entradas intercaladas cada patrón. Tras esta o xurado volverá a votar. Poderá haber un máximo dunha réplica, estando obrigadxs tras esta a decidirse entre algunhx dxs participantes.
FINAL
As 2 persoas clasificadas nas semifinais, pasarán a competir na final.
As probas que se realizarán nesta fase son as seguintes:
Minuto libre: Un minuto de improvisación libre para cada participante (1’ x 2 participantes).
8×8 libre: Un minuto total de improvisación no que cada participante rapeará libremente respondendo x contrincante, con entradas intercaladas cada 2 patróns (2’ totais).
A capela 4×4: 3 entradas intercaladas a capela (sen base musical), rapeando libremente.
4×4 libre: Un minuto total de improvisación no que cada participante rapeará libremente respondendo x contrincante, con entradas intercaladas cada patrón (2’ totais).
O xurado valorará quen das dúas persoas gaña ou se debe haber réplica, en cuxo caso haberá un novo enfrontamento. Consistirá nun minuto de improvisación libre con entradas intercaladas cada patrón. Poderá haber un máximo de dúas réplicas, obrigando así ao xurado a tomar unha decisión na terceira rolda.
Todas as probas da Liga CeibaRimas, tanto nos eventos clasificatorios como na final deben realizarse en galego.
4. INSCRICIÓN E PRAZOS
A Liga CeibaRimas terá lugar o sábado 7 de outubro de 2023 na Facultade de Ciencias da Comunicación (Compostela).
Abrirase un formulario de inscrición online a través da páxina web www.ceibarimas.gal, no cal calquera persoa que cumpra os requisitos indicados no apartado 2 poderá inscribirse. Este formulario estará aberto ata 48 horas antes de que comece a competición.
Se algunha persoa quere inscribirse despois do peche do formulario, poderá facelo in situ no propio evento, antes do comezo da clasificatoria.
A participación é aberta e de balde.
5. PREMIOS
Na final establécense 4 premios por un total de 500€ en metálico e máis de 800€ en produtos:
1º premio: 400€ + lote de marcas galegas + gravación de tema en estudio
2º premio: 100€ + lote de marcas galegas + gravación de tema en estudio
3° premio: haberá 2 terceiros premios para xs 2 persoas que perdan en semifinais, compostos por lote de marcas galegas + gravación de tema conxunto en estudio
Aos premios en metálico aplicaránselles as retencións correspondentes.
6. DECISIÓN DO XURADO
O xurado con voz e voto estará composto por cinco persoas relacionadas co mundo do rap improvisado, a cultura urbana e a lingua.
O xurado valorará os seguintes criterios:
Capacidade dxs participantes para rimar as palabras en todos os compases.
Capacidade dxs participantes de rebater os argumentos dx rival.
Coherencia do contido. Ausencia de frases de recheo.
Habilidade á hora de xogar coas palabras e empregar figuras literarias.
Variacións nos ritmos empregados para rapear.
Dominio do espazo escénico e posta en escena.
Calidade e adecuación lingüistica.
Ausencia de mostras de intolerancia.
A decisión do xurado será inapelable.