Vídeo Liga 2023
BASES DA LIGA CEIBARIMAS 2024
- OBXECTIVOS
A Liga CeibaRimas ten como obxectivo o fomento do uso do galego dentro da disciplina do rap improvisado e a creación dunha escena galega de freestyle.
- PERSOAS DESTINATARIAS
Poden inscribirse na Liga CeibaRimas todas as persoas maiores de 12 anos que teñan dispoñibilidade para participar no evento que se realizará de xeito presencial o sábado 12 de outubro de 2024 na cidade de Pontevedra. No caso de que a persoa participante sexa menor de idade, esta inscrición irá acompañada da autorización do/a pai/nai ou titor/a legal mediante o documento que se facilitará por correo electrónico.
- FUNCIONAMENTO DA LIGA CEIBARIMAS
Antes do día do evento final da Liga CeibaRimas, celebraranse dous eventos clasificatorios, nos que xs participantes terán a oportunidade de clasificarse directamente á fase de oitavos.
EVENTOS CLASIFICATORIOS
Estes eventos celebraranse o sábado 31 de agosto en Cambados e o sábado 7 de setembro en Rianxo.
Evento clasificatorio Cambados (31 de agosto)
Se hai máis de 16 persoas inscritas, realizarase unha rolda previa na que se escollerán as 16 persoas clasificadas para a fase de oitavos. Despois de pasar as fases de oitavos, cuartos, semifinais e final, a persoa que resulte gañadora clasificarase directamente para a fase de oitavos do evento final da Liga CeibaRimas 2024 (12 de outubro en Pontevedra). Esta persoa recibirá ademais un premio de 100€ e non poderá participar no evento clasificatorio de Rianxo. A persoa que quede en segunda posición, clasificarase directamente para a fase de oitavos do evento clasificatorio de Rianxo.
Evento clasificatorio Rianxo (7 de setembro)
Se hai máis de 15 persoas inscritas, realizarase unha rolda previa na que se escollerán as 15 persoas clasificadas para a fase de oitavos, más a persoa que quedou en segunda posición no evento clasificatorio de Cambados. Despois de pasar as fases de oitavos, cuartos, semifinais e final, a persoa que resulte gañadora clasificarase directamente para a fase de oitavos do evento final da Liga CeibaRimas 2024 (12 de outubro en Pontevedra). Esta persoa recibirá ademais un premio de 100€.
EVENTO FINAL
O evento final, que se celebrará o sábado 12 de outubro en Pontevedra, está composto por dúas fases diferenciadas:
CLASIFICATORIA
O día do evento, e sempre que o número de persoas inscritas sexa maior a 14, realizarase unha clasificatoria previa para seleccionar ás 14 persoas que se enfrontarán na primeira fase ou fase de oitavos, xunto coas dúas persoas xa clasificadas nos eventos previos.
As persoas que participen na clasificatoria enfrontaranse nunha proba chamada “Crack da pista”, que seguirá a seguinte dinámica:
- Cada persoa recibirá un número de xeito aleatorio, que será o seu número durante toda a proba.
- Todas as persoas formarán unha fila seguindo a orde dos seus números.
- A persoa co número 1, colocarase de xeito enfrontado ao resto da fila, sendo a primeira batalla entre o número 1 e o número 2.
- Cada batalla consistirá nun 4×4, no que cada participante rapeará en total 2 patróns intercalados.
- O xurado, ao rematar cada batalla de 4 patróns, votará instantáneamente x gañadorx da mesma, manténdose estx na posición que ocupaba a persoa co número 1 e apartándose da fila a persoa perdedora. Cada batalla gañada, suma 1 punto á persoa gañadora. Non pode haber réplica.
- Se unha persoa gaña 3 batallas consecutivas, pasará automaticamente á seguinte fase, oitavos.
- Unha vez rematada toda a fila, farase unha segunda volta coas persoas non clasificadas.
- Se ao rematar esta fila de volta non se conta aínda con 14 clasificadxs directxs, sumaranse os puntos acumulados nas batallas e pasarán as persoas que falten para chegar a 11 con maior puntuación, xa que haberá 3 postos reservados para a decisión directa do xurado. Se se dá un empate de puntos, o xurado decidirá que persoa pasa e cal non.
Polo tanto, pasarán a oitavos as 2 persoas clasificadas nos eventos previos, as persoas con clasificación directa por gañar 3 batallas consecutivas, as persoas con máis puntos acumulados e 3 persoas de decisión directa do xurado.
OITAVOS
As 16 persoas clasificadas na fase anterior, pasarán a competir na fase de oitavos. No caso de nas inscricións haber xusto 16 persoas apuntadas, pasariamos directamente a esta fase.
Estas 16 persoas emparellaranse apuntándose elas mesmas no lugar que prefiran da táboa de cruces seguindo a orde na que se clasificaron (primeiro clasificadx de Cambados, segundo clasificadx de Rianxo, terceiro clasificadxs directxs, cuarto clasificadxs por puntos e quinto clasificadxs por xurado).
Estas parellas enfrontaranse en diferentes probas de rap improvisado con diversos estímulos. Despois de cada batalla, o xurado decidirá cal das 2 persoas gaña, pasando esta á fase de cuartos. Nesta fase, o xurado poderá votar tanto por unha persoa, como pola outra, coma empate. No caso de haber empate, realizarase unha réplica, é dicir, unha nova rolda de desempate, que consistirá nun minuto de improvisación libre con entradas intercaladas cada patrón. Tras esta o xurado volverá a votar. Poderá haber un máximo dunha réplica, estando obrigadxs tras esta a decidirse entre algunhx dxs participantes.
CUARTOS
As 8 persoas clasificadas na fase anterior, pasarán a competir na fase de cuartos.
Por parellas segundo a táboa de cruces enfrontaranse en diferentes probas de rap improvisado con diversos estímulos.
Na fase de cuartos, o xurado poderá votar tanto por unha persoa, como pola outra, coma empate. No caso de haber empate, realizarase unha réplica, é dicir, unha nova rolda de desempate, que consistirá nun minuto de improvisación libre con entradas intercaladas cada patrón. Tras esta o xurado volverá a votar. Poderá haber un máximo dunha réplica, estando obrigadxs tras esta a decidirse entre algunhx dxs participantes.
SEMIFINAIS
As 4 persoas clasificadas na fase anterior, pasarán a competir na fase de semifinais.
Por parellas segundo a táboa de cruces enfrontaranse en diferentes probas de rap improvisado con diversos estímulos.
Na fase de semifinais, o xurado poderá votar tanto por unha persoa, como pola outra, coma empate. No caso de haber empate, realizarase unha réplica, é dicir, unha nova rolda de desempate, que consistirá nun minuto de improvisación libre con entradas intercaladas cada patrón. Tras esta o xurado volverá a votar. Poderá haber un máximo dunha réplica, estando obrigadxs tras esta a decidirse entre algunhx dxs participantes.
FINAL
As 2 persoas clasificadas nas semifinais, pasarán a competir na final.
Estas enfrontaranse en diferentes probas de rap improvisado con diversos estímulos.
O xurado valorará quen das dúas persoas gaña ou se debe haber réplica, en cuxo caso haberá un novo enfrontamento. Consistirá nun minuto de improvisación libre con entradas intercaladas cada patrón. Poderá haber un máximo dunha réplica, estando obrigadxs tras esta a decidirse entre algunhx dxs participantes.
Todas as probas da Liga CeibaRimas, tanto nos eventos clasificatorios como na final deben realizarse en galego.
- INSCRICIÓN E PRAZOS
O evento final da Liga CeibaRimas terá lugar o sábado 12 de outubro de 2024 en Pontevedra.
Os eventos clasificatorios da Liga CeibaRimas terán lugar:
- O 31 de agosto en Cambados
- O 7 de setembro en Rianxo
A participación nos eventos clasificatorios non é obrigatoria para poder participar no evento final.
Para todos estes eventos abrirase un formulario de inscrición online a través da páxina web www.ceibarimas.gal, no cal calquera persoa que cumpra os requisitos indicados no apartado 2 poderá inscribirse. Este formulario estará aberto ata 24 horas antes de que comece cada evento.
Se algunha persoa quere inscribirse despois do peche do formulario, poderá facelo in situ no propio evento, antes do comezo da clasificatoria.
A participación é aberta e de balde.
- PREMIOS
En cada evento clasificatorio establécese un premio de 100€ para x gañadorx, máis a clasificación directa á fase de oitavos do evento final.
Na final establécense 4 premios por un total de 800€ en metálico, trofeos e lotes de produtos:
1º premio: 500€ + lote de marcas galegas
2º premio: 200€ + lote de marcas galegas
3° premio: haberá 2 terceiros premios para xs 2 persoas que perdan en semifinais, compostos por 50€ + lote de marcas galegas
Aos premios en metálico aplicaránselles as retencións correspondentes.
- DECISIÓN DO XURADO
O xurado con voz e voto estará composto por cinco persoas no evento final e tres persoas nos eventos clasificatorios, relacionadas co mundo do rap improvisado, a cultura urbana, a música e a lingua.
O xurado valorará os seguintes criterios:
- Capacidade dxs participantes para rimar as palabras en todos os compases.
- Capacidade dxs participantes de rebater os argumentos dx rival.
- Coherencia do contido. Ausencia de frases de recheo.
- Habilidade á hora de xogar coas palabras e empregar figuras literarias.
- Variacións nos ritmos empregados para rapear.
- Dominio do espazo escénico e posta en escena.
- Calidade e adecuación lingüistica.
- Ausencia de mostras de intolerancia.
- Conexión co público.
A decisión do xurado será inapelable.