Ceiba Rimas
  • Inicio
  • Quen Somos?
  • Final 2025
  • Liga CeibaRimas
  • Obradoiros
  • Contacto
  • Menú Menú
  • Liga CeibaRimas

A Liga CeibaRimas é unha competición anual a nivel galego aberta a todo o público, na cal as persoas participantes deben enfrontarse en batallas nas que teñen que desenvolver diferentes xogos de improvisación na nosa lingua. Esta competición realízase nun único día, nomeando ao final do evento á persoa gañadora da Liga CeibaRimas dese ano. Ademais das batallas, varios grupos da escena urbana galega farán as súas actuacións, completando deste xeito unha xornada de festa e emocións.

A primeira Liga CeibaRimas, no 2020, desenvolveuse a través dun evento por streaming de máis de 2 horas, soportado por un equipo profesional de realización en directo. Desde as súas casas, xs clasificadxs enfrontáronse en batallas eliminatorias, das cales saíu como gañador e freestyler O Jallejo.

A segunda edición, realizada en 2022, tivemos a oportunidade de levala adiante por fin de xeito presencial en Compostela, con grande éxito de participación e sendo o gañador da mesma o rapeiro Big Meu. Tamén contamos coas actuacións de Xmaseda, Ánima e C Mirazo.

O 2023 supuxo a consolidación do proxecto, realizando numerosos obradoiros por toda Galiza, gañando o premio Mil Primaveras e figurando nos libros de texto de 1° de ESO. A Liga CeibaRimas 2023 realizouse en Compostela, contou con máis de 20 participantes, coroándose como campión por segundo ano consecutivo Big Meu. Nesta edición ampliamos os concertos (Bratz Antifa e Willow GHZ) co espazo de artistas emerxentes, na que novos talentos da música urbana en galego amosaron os seus traballos (Lidia LChao, VerterGz, Aprendiz e AtrapGz).

Edicións anteriores da LigaCeibaRimas

Síguenos nas nosas RRSS

© Copyright - Ceiba Rimas | Todos os dereitos reservados
  • Política de Privacidade
  • Política de Cookies
Desplazarse hacia arriba
Utilizamos cookies para poder ofrecer os nosos servizos. Se fas clic en ACEPTAR, consideramos que permites o seu uso. Ten información sobre que cookies estamos utilizando ou de como desactivalas na POLÍTICA DE COOKIES ACEPTAR