Un dos piares de CeibaRimas é a formación en rap improvisado en galego, orientada sobre todo á mocidade, que realizamos nos nosos obradoiros. O noso obxectivo é crear espazos seguros nos que a xente sinta a liberdade de poder expresarse en galego, ou de intentalo, a través do freestyle.
Traballamos principalmente con institucións e empresas que queren organizar actividades de improvisación en galego. Nestes obradoiros xs participantes coñecerán as ferramentas básicas para desenvolverse no mundo do freestyle da man de Nervo, o cantante principal do grupo Rebeliom do Inframundo.
Deste xeito, e xunto cos vídeos de adestramento online, ofrecemos ferramentas á xente participante para mellorar o seu nivel de improvisación para despois poder presentarse aos nosos eventos de competición de rap en galego.