CeibaRimas, rap improvisado en Galego

O rap improvisado chega a Galiza da man de CeibaRimas, unha iniciativa que fomenta o uso do idioma galego na arte da improvisación a través de obradoiros e competicións.

A pesares de ter estrutura de competición, xa que ao remate do evento final se proclamará unhx gañadorx, a deportividade, os valores e o respecto manteranse presentes durante todos os eventos.

Tanto os obradoiros como as competicións levaranse a cabo nun ambiente de seguridade e creatividade para poder avanzar todxs no bo camiño e poñer o freestyle galego no mapa.

Xuntamos unha equipa que traballa arreo e sen ánimo de lucro para poder garantir un correcto desenvolvemento das actividades e deste xeito fomentar o emprego do idioma galego neste tipo de disciplina.

© Copyright - Ceiba Rimas | Todos os dereitos reservados