CeibaRimas, rap improvisado en galego

CeibaRimas é o único proxecto de rap improvisado 100% en galego. A través de formacións, exhibicións, contidos online e competicións creamos unha comunidade de improvisadorxs en galego, inexistente ata este proxecto. Unha iniciativa que fomenta o uso da nosa lingua, premiado na 5ª edición dos Premios Mil Primaveras, na 16ª dos Premios Rosalía de Castro e que xa figura nos libros de texto de secundaria como exemplo actividade normalizadora.

RAP Improvisado

É o eixo deste proxecto, que ao mesmo tempo funciona como ferramenta para aproximarnos á mocidade.

Valores

Buscamos afastarnos das habituais dinámicas machistas que adoitan acompañar as batallas de galos, para crear un formato máis feminista e inclusivo, no que se valore a improvisación e creatividade por riba da confrontación.

Lingua

A normalización da lingua galega entre a mocidade é un dos nosos principais obxectivos.